miércoles, diciembre 17, 2008

No Correo de onte...

J.A. de la Fuente fala así de ben de Ditea e do teatro amador en xeral:

Unha dose de gloria para o teatro afeccionado

O martes pasado, día 9, iniciouse o Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, coa obra Aquí cheira a morto representada polo grupo compostelán Ditea. A Aula de Cultura Caixa Galicia estaba ateigada de público, como poucas veces se ve en representacións de grupos de profesionais.

Os asistentes acolleron con entusiasmo a montaxe presentada e a boa actuación dos actores e actrices. Non sei se porque o público asistente a este tipo de representacións de teatro afeccionado non ten o suficiente tirón ou porque non asistiu ningunha autoridade que convocase os medios de comunicación, nos días seguintes non aparece, salvo neste xornal, ningunha reseña de tal acto que, quizais por non contar con subvencións desorbitadas ou por non darlle réditos políticos a ninguén, non lles interesa ós medios.

Temos en Santiago un problema de memoria e de desprezo polo noso, o máis próximo. No caso de Ditea, que a piques está de facer cincuenta anos de labor teatral ininterrumpida, é manifesto o esquecemento que sofre.

Un queda pasmado vendo e lendo nos medios a importancia que se lles dá a certos actos superfluos que o único mérito que teñen é a capacidade de convocatoria que ten quen os organiza.

Deámoslle, neste caso, ós grupos de teatro afeccionado, unhas mínimas doses de gloria nos medios, que ben o merecen polo labor que realizan a cambio de moi pouco ou nada.


Na edición dixital, podemos lelo aquí.