lunes, diciembre 08, 2008

Xogamos na casa!!!

Inauguramos o VII Festival Magán de Teatro Afeccionado, con Aquí cheira a morto!, o martes 9 de decembro ás 21.00 na Aula Sociocultural de Caixa Galicia, en Compostela. Alí agardamos vervos!

A Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) organiza un ano máis o Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, co apoio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte e a colaboración da Fundación Caixa Galicia. Este ano, o escenario compostelán que acollerá as seis funcións (todas con entrada libre e ás 21.00) será o da Aula Sociocultural Caixa Galicia. Durante estes seis días poderemos achegarnos a propostas ben diferentes que demostran a versatilidade e a innovación do teatro amador galego.