AGUSTIN MAGAN

Publicado por DITEA ÁS 9:21 a. m.


Agustín Magán Blanco, nado en Santiago de Compostela en 1918 e finado na mesma cidade o 2 de abril de 1998, foi actor, director e autor teatral.

Fundou en 1960  o grupo de Teatro de Cámara Ditea. Como dramaturgo conta cunha producción considerable que foi estreada pero que non está publicada na súa totalidade. Coa obra “Mesmo semellaban bruxas” obtivo o Premio do Ateneo de Ferrol en 1978, con “Alias Pedro Madruga”, unha mención no derradeiro Certame Abrente de 1980, con “Os rebertes” o Premio Álvaro Cunqueiro de 1990, e pola obra “Deus mandou S.Tiago” o Premio do Certame literario Galaico-Portugués.
Polo seu intenso labor teatral, Agustín Magán recibe o Premio Xiria 1987. No ano 1997, nos Premios de Teatro “Maria Casares” da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, recibe o Premio Marisa Soto a súa labor teatral; neste mesmo ano o Concello de Santiago lle concede a Medalla de Prata ó Mérito Cultural.

Obra publicada:
“Mesmo semellaban bruxas” e “Alias Pedro Madruga”
“A lenda de Xoan Bonome”
“Farsa Plautina”
“Os rebertes”

"ANIMALIÑOS"
Domingo 7 de decembro, 19:00 h.
Teatro Principal de Santiago
Concello de Santiago


footer