O sábado 5 de xuño, ás 19:00 horas, partirá de San Domingos de Bonaval a comitiva que recreará a coroación do neno Alfonso Reimúndez como rei de Galicia polo bispo Diego Gelmírez, o 17 de setembro de 1111. Con estes feitos históricos como motivo, o grupo de actores de Dítea Teatro parará na praza da Inmaculada, na praza de Cervantes e no Toural para realizar varias representacións. Finalmente, recrearase a coroación na praza da Quíntana.
Máis de 50 actores e actrices darán vida a estas personaxes do século XII, pero a intención municipal é que os cidadáns se sumen a este vistoso percorrido, e mellor aínda se o fan debidamente caracterizados.
Ditea quere animar a todos os veciños e veciñas a participar do ambiente e das actividades desta celebración e, sobre todo, a unirse cos seus vestidos de época á representación histórica da coroación de Alfonso Reimúndez como rei de Galicia o sábado 5, a partir das 19:00 horas, polas rúas e prazas da Cidade Histórica. Para facilitar o labor dos cidadáns que queira participar nesta recreación medieval e así poder coordinar os vestiarios de época, a Asociación Compostela Vella puxo a disposición de todos os veciños un teléfono: 662 438 264. Esta entidade tamén está a animar aos veciños do casco histórico a que engalanen os seus balcóns para esta Feira. O Concello facilita adornos con este fin.
O DESFILE DE COROACIÓN
O acto é unha recreación da comitiva e séquito reais que cruzaron as rúas de Compostela o día 17 de setembro do ano 1111, co gallo de coroar Rei de Galicia o infante Afonso Raimúndez na catedral de Santiago.
A comitiva fórmana o rei neno Afonso Raimúndez, o bsito Diego Xelmírez, Pedro Froilaz, Conde de Traba e titor do Infante, varios grupos de nobres, así como o pobo de Santiago ataviado con roupaxes de época e máis músicos, bufóns, saltimbanquis, etc.
En determinados puntos a comitiva deterase para dar paso á figura de dúas parellas cómicas que lle contarán ao público as aventuras e desventuras en torno ao rei neno... para dar paso á representación deses feitos.
Primeira parada da comitiva: PRAZA DA INMACULADA
O pregoeiro e a vilá relatan os feitos que levaraon a que en Toledo, dona Urraca reuniso os nobres de Castela e León para lles anunciar a súa intención de ocupar o posto do seu pai Afonso VII de León.
Segunda parada da comitiva: PRAZA DE CERVANTES
O cabído e o bufón explican o conflito que provocou nos nobres galegos a decisión de dona Urraca e como mentres en Palencia dona Urraca casaba co rei de Aragón, en Galicia o Conde de Traba reunía os nobres fieis ao infante Raimúndez para proclamalo rei... e iso provocou a Batalla de Monterroso.
Terceira parada da comitiva: PRAZA DO TOURAL
O pregoeiro e a vilá contan como uns nobres traidores enganaron o bispo Xelmirez no castelo de Castro Miño para raptar o infante Raimúndez.
Cuarta parada da comitiva: PRAZA DA QUINTANA
O cabido e bufón dan paso á coroación de Afonso Raimúndez como rei de Galicia.
PERCORRIDO DO DESFILE
Xuntanza en San Domíngos e Bonaval > Porta do Camiño > Rúa das Casas Reais > Rúa da algalia de Arriba > Rúa de San Miguel dos Agros > Praza de San Miguel dos Agros > Rúa da Fonte de San Miguel > Rúa de Abril Ares e Campás de San Xoán > Praza da Inmaculada > Rúa da Acibechería > Praza de Cervantes > Rúa do Preguntoiro > Rúa da Calderería > Rúa das Orfas > Canton do Toural > Praza do Toural > Rúa Nova > Rúa da Conga > Praza da Quintana
DOCUMENTOS ASOCIADOS
Triptico coa programación completa
Excelente representación diante dunha chea de público. Fíxenvos moitas fotos que vos darei proximamente pero, como adianto, no meu blog podedes ver unhas poucas. Parabéns por eses 50 anos de existencia. Seguide co bo traballo!!!
http://specialdfx.blogspot.com/2010/06/teatro-en-la-calle.html