Cada vez que desde a dirección de escena nos enfrontamos á obra de Tito Maccio Plauto, xurden un fato de preguntas que non sempre teñen resposta axeitada. ¿Debemos ser absolutamente fieis á literatura? ¿Ou pola contra... podemos mexar fora do texto? ¿Practicamos a arqueoloxía teatral? ¿ou facemos unha lectura actual da obra para chegar ós espectadores de hoxe en día? Ó remate, decidimos mesturar estas duas opcións. ¡Si! ¿Pero, como amosar ó público do século XXI , a carpintería teatral , o intríngulis de comedias artelladas para xente do século II... antes de Cristo?
Acadamos a solución, da mán do profesor Sánchez-Rivas, poriamos en práctica a técnica da contaminatio. Procedemento que consiste en fundir varios asuntos orixinais para producir unha comedia distinta. Un recurso que empregaron ademáis de Plauto, outros egrexios autores latinos como o dramaturgo Terencio ou o poeta Ennio, principal cultivador da comedia palliata.
Da contaminatio naceu, pois, esta Farsa Plautina. E para elaborala, tivemos en conta o xogo histriónico e a entidade dos personaxes, máis que as estructuras ou os anecdóticos contidos das obras escolmadas. Que non vos extrañe, pois, a conxunción de protagonistas tan desemellantes como a parella dos irmáns Filócrates, extraídos da comedia de dobles titulada “Os Menecmos”. Gurgullo, o parasito galloufeiro ensaltador da astucia e a picaresca, recollido do“Corculio”. Ou o capitán fanfarrón e o seu fi el asistente de “O Miles Gloriosus”, no que o poeta civil arremete contra a soldadesca e outras sobranceiras figuras.
Xa que logo, facemos desfilar pola nosa farsa, un maremagnum de personaxes arquetípicos da Roma clásica: cidadáns, matronas, políticos, alcoviteiras, cortesás, deuses... e, en primeiro plano, escravos e escravas. Personaxes moi queridos por Plauto, pois non en valuto houbo de servir el mesmo varios anos como escravo de roda de muiño, antes de se meter en greas de comediantes. Greas nas que leva metido o Teatro de Cámara DITEA desde hai 51 anos... ¡e aquí seguimos!
REPARTO
PROFESOR SÁNCHEZ-RIVAS, erudito · Manuel Amenedo
GURGULLO, parasito · Antonio Ramos
LISÍDAMO, vello patricio · César Núñez
CAPADOCIO, escravo · Pablo Salgado
PITÓDICO, escravo · Paulo Alexandre
CLEÓSTRATA, matrona · Chiruca Tarrío
ESTÁFILA, escrava personal · Isabel Bandín
ALCÉSIMO, vello errante · Xabier Agustín
FILÓCRATES, fi llo de Lisídamo · Rafa Gregori
FILÓCRATES II, xemelgo náufrago · Rafa Gregori
SELENIA, escrava · Martina Martinez
MELÁNIDE, vella alcoviteira · Soledad Barral
BÁQUIDE, cortesá · Noelia Otero
PIRGOPOLINICES, capitán fachendoso · Luis Martinez
ARTOTROGO, servo do capitán · Wences Pérez
EROTIA, cortesá · Sonia Álvarez
XÚPITER, deus tronante · Xosé Manuel Olveira (Pico)
EQUIPO ARTÍSTICO
DIRECCIÓN · Xan Casas
VERSIÓN E DRAMATURXIA · Xan Casas
REXIDURÍA · Rosalía Cid Tarrío
ESCENOGRAFÍA · Xosé Antón de la Fuente / Xan Casas
LUMINOTECNIA · Xosé Manuel Antelo / Xan Casas
VESTIARIO E ATREZZO · Marisol Barral
DESEÑO MAQUILLAXE · Xan Casas
COREOGRAFÍA · Xan Casas
SELECCIÓN MUSICAL · Xan Casas
ARRANXOS MUSICAIS E MESTURAS · Marc Darkin
DESEÑO GRÁFICO · Monica Mura / Xan Casas
PRODUCCIÓN · Alberte Álvarez
EQUIPO TÉCNICO
ASISTENTE DE DIRECCIÓN · Coro González
ASESOR HISTÓRICO · Profesor Sánchez-Rivas
XASTRERÍA · Chiruca Tarrío
CARPINTORES · Pablo & Paty
FOTOGRAFÍA · Marc Darkin
PRENSA · Lara Rozados
TÉCNICO DE SON · Alejandro Pastrana
ESTUDIO GRAVACIÓN · SpecialDfx
MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA · Talleres DITEA
TÉCNICOS DE LUZ · Alberto Outeiriño / Xosé Manuel Antelo
FOTOGRAFÍAS
Preme para visualizar a galería fotográfica da obra
MATERIAL
Cartel (formato.pdf)
Díptico (formato.pdf)