Nada hai máis importante para o sistema cultural dun país que o teatro afeccionado, pois sobre el constrúense todos os demais, sendo todos necesarios. Percy MacKaye, un poeta e dramaturgo norteamericano, publicaba en 1912 un libro fundamental mesmo hoxe en día,o titulado The Civic Theatre, no que destacaba as moitas vantaxes dunha praxe cultural e artística que el quería poñer ao alcance de toda a cidadanía, para que todas as persoas puidesen desde o escenario expresar e comunicar.Avanzaba así o programa da democracia cultural,que tanta importancia vai ter en procesos de emancipación en todo o século vinte.
En Galicia,o teatro agroma da actividade de colectivos afeccionados que unas veces utilizaban o galego e as máis o castelán, pois o teatro galego foi facendo camiño aos poucos e foi un camiño que houbo que andar e desandar en varias ocasións.Certo é que para facer a historia do teatro no país hai que considerar por igual esas dúas liñas de traballo, pois un teatro inflúe no outro e viceversa, e nos anos sesenta foron varios os grupos que comezaron a traballar en castelán para despois facelo en galego,pois non deixa de ser menos certo que facer teatro en galego naquela altura dos primeiros sesenta non gozaba precisamente do prace [...]
[Ver reportaxe completa]
0 Comentarios a 'Reportaxe especial Faro de Vigo'