AQUI CHEIRA A MORTO

Publicado por DITEA ÁS 10:40 a. m.

"AQUÍ CHEIRA A MORTO" é unha revisión dun clásico de A. Paso que nos demos en chamar así. Unha peza cunha sólida construcción escénica e diálogo inxenioso que se axeita ás situacións e ó perfil burlesco das personaxes sen perder en ningures, nen ritmo nen eficacia.

Unha farsa chea de fresca fantasía que mestura trama e enredo de varios xéneros: comedia, obra policíaca e de suspense, anodados e traballos como factores da enigma e da intriga, de tal xeito, que non deixan adiviñar o desenlace final.

Din, os que saben destas cousas, que ás veces o verdadeiramente compricado non é asasinar, senón demostrar que non tes cometido o asasinato. Ás veces, a vida colócanos fronte a situacións nas que é moito áis difícil demostrar a absoluta inocencia, do que ter cometido a falcatruada. Algo que pode resultar francamente cómico. Dende este punto de vista "AQUI CHEIRA A MORTO" podería ser unha comedia policíaca tomada a coña na que conviven: criminais, sospeitosos, policía e víctima. Se todos eles consiguen arrincarlles un sorriso, nós dariámonos por ben pagos e satisfeitos.

REPARTO

SIMÓN ALONSO - Chencho Campos
ENRIGUE IGLESIAS - Marcos Estebo
MARGARITA - Martina Martínez
SUSANA - Isa Bandín
NOEMÍ - Mariel Norat
GARCÍA - Alberte Álvarez
XULIO - Rafa Gregori
INSPECTOR CARBALLEIRA - Manuel Amenedo
PAZOS - Cesar Núñez
A TÍA DE NOEMÍ - Mariel Norat
MATAMECAMEÓN - Isabel Jamardo
VANESSA - Mariel Noral

EQUIPO ARTÍSTICO

DESEÑO ESCENOGRÁFICO
Xán Casas / X.M. Antelo
VESTIARIO / ATREZZO
Encarna Dominguez / Isabel Jamardo
LUMINOTECNIA
X.M. Antelo
MAQUILLAXE / PERRUQUERÍA
Talleres DITEA
REXIDURÍA
Isabel Jamardo / Mariel Norat
ASISTENTE DIRECCIÓN
Isabel Jamardo
AMBIENTACIÓN MUSICAL
Xán Casas / Chencho Campos
ADAPTACIÓN e DRAMATURXIA
Xan Casas / Marta Casteleiro
DIRECCIÓN
Xan Casas

EQUIPO TÉCNICO

PRENSA
Lara Rozados
XASTERÍA
Encarna Dominguez
TÉCNICO DE LUCES E SON
X.M. Antelo
DESEÑO GRÁFICO
Xosé Antón de la Fuente
GRAFISMO
Ernesto Matilla
CARPINTERÍA
Adolfo Franqueiro / Pablo Collazo
PINTURA
Talleres DITEA
GRABACIÓN DE AUDIOS
Toma 512
PRODUCCIÓN
Teatro de Cámara DITEA

FOTOGRAFÍAS
Preme para visualizar a galería fotográfica da obra

MATERIAL


Cartel (formato .pdf)
Diptico (formato .pdf)

"ANIMALIÑOS"
Domingo 7 de decembro, 19:00 h.
Teatro Principal de Santiago
Concello de Santiago


footer