Actos 50 Aniversario de DITEA

Publicado por DITEA ÁS 6:16 p. m.






Estimad@s Dite@s:

Con motivo da celebración do 50 Aniversario do Grupo, prácenos convidarvos aos actos conmemorativos que terán lugar ao longo do próximo mes de decembro e que resumimos a continuación:


Venres 10: Inauguración da Exposición “50 anos do Teatro de Cámara Ditea” na Casa das Asociacións de Santiago sobre ás 20 horas. Coincidindo con este acto, o Concello de Santiago realizará un Acto de recoñecemento público ao TEATRO DE CÁMARA DITEA, polo seus 50 anos de traballo no eido teatral e pola súa contribución á Cidade de Santiago de Compostela. Contaremos para a ocasión coa presenza do Alcalde e a Concelleira de Participación Cidadá.


Sábado día 11: Ás 12 da mañá, faremos unha ofrenda floral en Boisaca a Agustín Magán en representación de todos os que xa non están con nós, e a continuación, ás 14 horas, celebraremos un Xantar de Confraternidade (no restaurante Os Robles – Montouto). Aqueles que queirades asistir deberedes comunicalo antes do 3 de decembro, ben no correo electrónico: teatroditea@yahoo.es , ou ben nos teléfonos: Encarna.- 609351597 Alberte.- 626656630

( A modo de aportación o prezo da comida para os integrantes de Ditea é de 20 euros por persoa (acompañantes 40 euros), subvencionando o Grupo o 50% do xantar a tódalas persoas que pasaron pola Compañía. Esta cantidade se pode entregar en efectivo ou ingresar na conta: Teatro de Cámara Ditea: Santander 0049-2584-90-1210377860).


Luns 13: Ditea inaugura a IX Edición do Festival de Teatro Afeccionado “Agustín Magán” no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 20 horas.

Agardamos a vosa presenza nestes actos conmemorativos dunha efeméride tan especial e de tanto significado para DITEA e para todos os que estivemos vinculados a ela ao longo destes primeiros cincuenta anos de existencia.


Recibide un cordial saúdo.

A Directiva


 

0 Comentarios a 'Actos 50 Aniversario de DITEA'


"ANIMALIÑOS"
Domingo 7 de decembro, 19:00 h.
Teatro Principal de Santiago
Concello de Santiago


footer