ANIMALIÑOS 2014

Publicado por DITEA ÁS 8:05 p. m.

Os ANIMALIÑOS de Ditea e Roberto Vidal Bolaño

ANIMALIÑOS é a creación dunha persoa moi observadora, dun autor, Roberto Vidal Bolaño, que facía teatro “do aquí e do agora”, para que todos nos vísemos reflectidos, quizais incomodamente, nalgún dos distintos personaxes ou nas distintas situacións da obra.

ANIMALIÑOS fálanos dos “propietarios de casa con xardín”, como representantes de todos nós; retrata a sociedade da opulencia que cre coidar do seu entorno, pero non dubida en estragar o alleo; ilustra esa necesidade imperiosa de inventar un inimigo como xustificación da militarización... (o contexto internacional estaba moi presente).

É ANIMALIÑOS unha suspensión temporal, sen un antes e un despois, onde a sucesión áxil de “Variacións” só tenta xustificar o adestramento militar dos defensores do xardín.

Está ANIMALIÑOS cheo de humor, sarcasmo e ironía, para acompañar a reinterpretación da realidade, e traducilo todo en feitos literarios e escénicos “dende unha poética teatral que se quere e se sabe quen de ser propia”.

Estamos seguros de que a Roberto Vidal Bolaño lle agradaría que o compostelán Teatro de Cámara Ditea representase unha súa obra, porque nunca se negaron colaboración mutua; porque Agustín Magán (a alma de Ditea até hai pouco) e Roberto remaron na mesma dirección, en barcos distintos, pero parecidos.

Ditea e Roberto Vidal Bolaño xuntos é unha das grandes alegrías da cultura compostelá, unha explosión de toda a historia teatral, tanto de Santiago como de Galicia. UNHA FORTUNA.

Francisco Macías
EDICIÓNS POSITIVAS


REPARTO
ALBERTE ÁLVAREZ
MANUEL AMENEDO
GUSTAVO FREIRE
RAÚL GÓMEZ
RAFA GREGORI
LUIS MARTÍNEZ
MARTINA MARTÍNEZ
CÉSAR NÚÑEZ
ALBERTO OUTEIRIÑO
Mª JESÚS SILVA
CHIRUCA TARRÍO

EQUIPO ARTÍSTICO
DIRECCIÓN • PEPE DE LA FUENTE
VESTIARIO E ATREZZO • MANUELA OTERO
REXEDURÍA • ROSALÍA CID TARRÍO
LUMINOTECNIA • XOSÉ MANUEL ANTELO
ESCENOGRAFÍA E PRODUCIÓN • TEATRO DE CÁMARA DITEA

EQUIPO TÉCNICO
CARPINTORES• PABLO & PATY & JUAN
DESEÑO GRÁFICO • ERNESTO MATILLA
ARRANXOS MUSICAIS E MESTURAS• PACO JA
MAQUILLAXE E PERRUQUERIA • TEATRO DE CÁMARA DITEA
LUCES E SON • XOSÉ MANUEL ANTELO / XAVIER RODRÍGUEZ
INFORMÁTICA • HUGO NOBOA

0 Comentarios a 'ANIMALIÑOS 2014'


"ANIMALIÑOS"
Domingo 7 de decembro, 19:00 h.
Teatro Principal de Santiago
Concello de Santiago


footer