Ditea: medio século de bo teatro

Publicado por DITEA ÁS 1:25 PM



Alberto Álvarez

EL CORREO GALLEGO | 09/12/2010


NACEU NUN BAR da rúa do Vilar, no corazón da vella Compostela, e foi aire fresco para unha sociedade que afogaba na travesía da longa noite de pedra. Liderado e dirixido por Agustín Magán até o seu pasamento, en abril do ano 1998, o grupo Ditea sempre se moveu no territorio do teatro aficionado e sempre, tamén, mantivo inalterable o seu compromiso coas montaxes de calidade. Dirixido agora por Alberto Álvarez Escudero, Ditea recibe mañá unha máis que merecida homenaxe do Concello de Santiago. Será un bo momento para aplaudir a traxectoria exemplar de Jesús Reboredo, Rodríguez Míguez ou Mariluz Villar. Uns crac.

0 Comentarios a 'Ditea: medio século de bo teatro'

23 DE OUTUBRO: LOUSAME
"FARSA PLAUTINA"

Ciclo de Teatro Afeccionado LousameScena na Casa da Cultura "Santeiros de Chave" ás 19 hrs.

6 DE NOVEMBRO: LUOU
"FARSA PLAUTINA"

12 DE NOVEMBRO: AGUIÑO - RIVEIRA
"FARSA PLAUTINA"

Mostra de Teatro Afeccionado "Francisco Lorenzo Mariño"
No Conservatorio de Aguiño ás 20:30 hrs.

10 DE DECEMBRO: RIANXO
"FARSA PLAUTINA"

18 DE DECEMBRO: SAN XIAO - NARON
"ACTO IMPREVISTO"

footer