Cuando compostela subió el telón

Publicado por DITEA ÁS 1:00 p. m.

Alejandra Juno actriz e escritora

LA VOZ DE GALICIA | 08/07/11

«O meu libro é un recoñecemento ao que Ditea fixo polo teatro». 

A autora presentou «Cuando Compostela subió el telón», primeira crónica dos anos dourados do teatro en Santiago.

Toda unha magnífica época da arte dramático en Galicia, que comprende a primeira etapa do grupo Ditea, discorre polas páxinas de Cando Compostela subiu o pano, unha crónica sentimental da década dourada do teatro compostelán (1960-1970) escrita pola actriz, autora dramática e investigadora Alejandra Juno. O libro, publicado por Alvarellos Editora, foi presentado nun acto no Hostal dous Reis Católicos que contou coa participación de Pepe Domingo Castaño, Xerardo Estévez, Luís R. Míguez, Juan Jesús Gestal, José Carro Otero, Euloxio Ruibal e Henrique Alvarellos.

-Vostede empezou con só sete anos a facer teatro Cal é a causa dese prodixio?
-O avó da miña nai xa era autor teatral na Latina, en Madrid. E a miña nai, que facía teatro tamén, con Agustín Magán, o meu pai e máis xente, fundaron Ditea. Despois os meus pais trasladáronse a Ourense, no ano 80, onde empecei a facer teatro, chegando a gañar premios de interpretación. Logo dirixín e agora estou centrada na escritura dramática.


-Por que unha crónica sentimental sobre o teatro galego?
-O de crónica sentimental ten que ver con que non é un libro árido, de datos, senón que tenta facer un fresco do momento. Está escrito contando a intrahistoria de Ditea, as dinámicas internas, as amizades e moitísimas anécdotas do Santiago da época. É un libro que en principio é moi divertido.

-Cal é a explicación de que fose tan divertida esta etapa do teatro galego?
-A min paréceme entrañable. E o libro o que fai é recoñecer o traballo duro de tanta xente que non pode morrer no esquecemento. É un recoñecemento moi emocionado polo que esa xente fixo polo teatro. Ditea formou público e vocacións.

-As abundantes ilustracións e anécdotas contribúen a facer máis divertida a obra?
-Hai como 25 fotos incribles, con decorados que a xente non se cre, porque Ditea facía todo tipo de teatro. Por iso hai que destacar a Agustín Magán, peza indiscutible do grupo, e á primeira actriz Mariluz Villar. Tamén estivo Pepe Domingo Castaño, que era o partenaire da miña nai en toda as obras. No libro cítase un auto sacramental no que ela se debate entre Jesús e o diaño, que era Pepe Domingo Castaño; e como ninguén en Santiago podía entender que a protagonista deixase ao demo para irse con Jesús.

0 Comentarios a 'Cuando compostela subió el telón'


"ANIMALIÑOS"
Domingo 7 de decembro, 19:00 h.
Teatro Principal de Santiago
Concello de Santiago


footer